CRTVG

Buscar

O Sergas vai facilitar a vacinación noutra área sanitaria durante as vacacións

Publicado o 23/06/2021 16:08

As persoas que estean pendentes de recibir a segunda ou a primeira dose da vacina poderán facelo no seu destino de vacacións sempre que sexa dentro de Galicia.

Ás portas das vacacións a preocupación de moitas persoas é como encaixar ese período de descanso coa súa quenda de vacinacion contra a covid. Segundo o destino que elixan terán máis doado cadrar a axenda.

Vacinarse noutra comunidade de momento non é posible. O que si vai facilitar o Sergas é a inmunización noutras áreas sanitarias da comunidade facendo unha solicitude previa.

A poboación vacinada dispota a viaxar ao estranxeiro, pode solicitar o certificado covid no propio centro de vacinación, no de saúde ou descargalo a través da plataforma Sergas mobil ou Pass Covid.

Galicia foi das primeiras comunidades en expedir este certificado, e xa se traballa para que se poda adquirir en farmacias e vía telefónica.

Noticias web

23/06/2021