CRTVG

Buscar

Cen mil euros de indemnización á familia dun paciente que morreu de cancro

Publicado o 23/02/2019 20:37

Segundo a sentenza dun xulgado de Santiago, o falecido, atendido no Complexo Hospitalario de Ourense durante 2013 e 2014, foi vítima dunha neglixencia médica. O xuíz considera probado que a demora entre o diagnóstico da enfermidade e a primeira revisión, case un ano despois, foi inxustificada e determinante na causa da morte, que se produciu un mes e medio despois. O falecido tiña setenta anos.

Noticias web

23/02/2019