CRTVG

Buscar

O Sergas realizará tests de detección da COVID-19 á tripulación da frota de altura

Publicado o 31/05/2020 20:50

 A frota de altura tamén se vai someter a probas de detección do coronavirus. O Sergas realizará tests serolóxicos a toda a tripulación dos buques de pesca que fagan mareas de máis de dez días.

 Un facultativo do Instituto Social da Mariña será o encargado de efectuar a proba facilitada polo Servizo Galego de Saúde. En función do resultado do test, o estudo poderase completar, de acordo co protocolo clínico, nos hospitais de Vigo, Santiago, A Coruña e Burela no prazo máximo de 48 horas.

O Goberno galego explica que o sector pesqueiro acaba de trasmitir a súa inquietude pola necesidade de proporcionar medidas de seguridade para poder traballar coas debidas garantías sanitarias. Peocúpalles tamén a transmisión de posibles casos de coronavirus entre os seus tripulantes.

Noticias web

31/05/2020