CRTVG

Buscar

O Sergas programa un cribado en Sarria por un gromo

Publicado o 11/03/2021 10:55
O Sergas programa un cribado en Sarria por un gromo

O alcalde de Sarria Claudio Garrido confirmou a existencia dun novo gromo de coronavirus neste municipio lucense, focalizado neste caso "nunha familia” que vive no centro urbano da localidade, aínda que os adultos “traballan nunha granxa” situada nunha das parroquias rurais do municipio.

O rexedor local precisou que os membros desa familia “levan anos traballando” nesa explotación, de modo que o Sergas tomou a decisión de realizar un cribado “na aldea” en que está situada a granxa.

Tamén programou un cribado no edificio do centro urbano e que vive a familia, para descartar posibles contaxios, precisou o rexedor local. Garrido aclarou que é un gromo “moi localizado”, e por tanto confía en que o traballo das autoridades sanitarias evite que se propague.

De momento, deron positivo ao redor de cinco persoas, aínda que non se descarta a aparición de novos casos nos próximos días.