CRTVG

Buscar

O Sergas primará a cobertura de postos nas zonas rurais máis illadas

Publicado o 04/06/2019 16:49

A nova convocatoria de emprego público no Sergas achega importantes novidades. Por primeira vez, puntuarase a maiores a experiencia en hospitais comarcais ou centros de saúde de concellos rurais. Esta puntuación adicional afectará só as categorías de médicos de familia e pediatras de primaria.

Por primeira vez, o Sergas primará, á hora de baremar a experiencia profesional, as persoas que traballan nos hospitais comarcais e nos centros de saúde das zonas rurais máis illadas. Esta medida afectará as categorías de médicos de familia e pediatras de primaria, que contarán cunha puntuación adicional de 0,5 puntos por ano. O obxectivo é facilitar a cobertura dos postos de traballo pouco atractivos para os profesionais sanitarios.

O conselleiro fixo estas declaracións en Lugo, onde participou no acto de entrega dunha certificación de calidade de xestión de riscos á Unidade de Mama do Hospital Universitario Lucus Augusti.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019