CRTVG

Buscar

O Sergas prevé comezar esta semana coa terceira dose nas residencias

Publicado o 19/09/2021 15:14

En decembro, Nieves Cabo, residente da Porta do Camiño de Santiago, converteuse na primeira inmunizada de Galicia. Nove meses despois, os residentes dos centros sociosanitarios recibirán a dose de reforzo. O Sergas confía en comezar o reforzo a partir desta próxima semana. Por iso o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña animaba nas últimas horas os que aínda non se vacinaran a facelo.

Coa experiencia adquirida, Sanidade agarda que o proceso nas residencias galegas dure arredor de dúas semanas. En Cataluña xa comezou. E fíxoo en Barcelona no centro onde reside unha ourensá, Josefa Pérez, a primeira en recibir a terceira inxección.

Coas vacinacións masivas chegando á súa fin, a Xunta pon de novo sobre a mesa o pasaporte COVID. Tras o apoio recibido por parte do Tribunal Supremo, o Goberno galego considera facelo obrigatorio para acceder ao ocio nocturno e tamén para visitar maiores en residencias e enfermos nos hospitais.

Noticias web

19/09/2021