CRTVG

Buscar

O Sergas preséntalles aos sindicatos o contrato estable de Atención Primaria

Publicado o 11/01/2019 20:07

Contrato estable para Atención Primaria. O Sergas presenta a súa proposta aos sindicatos. O Sergas citou os sindicatos con representación na mesa sectorial de Sanidade cun único punto na orde do día: a presentación do seu modelo de contrato estable para a Atención Primaria. Ten unha duración inicial de 12 meses, con opción a prórrogas dun ano, ata un máximo de tres. 

Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria: "Un contrato para poder conseguir médicos, tanto pediatras como médicos de familia, nunha situación de estabilidade laboral. Pensamos que pode ser un xeito de atraer médicos doutras comunidades para que poidan desenvolver o seu traballo aquí, en Galicia".

Os sindicatos din que necesitan analizar polo miúdo o documento para presentar as súas alegacions. Quedaron emprazados a outra reunión o próximo martes. Canto ás dimisións dos xefes de servizo de Vigo, o Sergas agarda que haxa un achegamento na reunión prevista co conselleiro de Sanidade.

Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria: "Creo que vai haber un achegamento. A Consellería está sempre aberta ao diálogo e a recibir as suxestións e as propostas de mellora".

A xuntanza coa representación dos xefes de servizo está convocada para o xoves da próxima semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019