CRTVG

Buscar

O Sergas pide que só chamen para actualizar os datos os maiores de 80 anos

Publicado o 02/03/2021 12:31
O Sergas pide que só chamen para actualizar os datos os maiores de 80 anos

O Sergas fixo hoxe un chamamento para que nestes momentos só actualicen os seus datos de contacto con vistas á vacinación as persoas maiores de 80 anos.

O número habilitado para facelo, o 981 569 540, recibiu nas últimas horas máis de 100.000 chamadas, o que impediu o seu bo funcionamento. Sanidade aclara que os docentes, membros dos corpos de seguridade e demais colectivos que tamén se están a vacinar a día de hoxe non precisan, e de feito non deben, usar esta vía.

Ademais, os maiores de 80 anos han recibir unha mensaxe individual nos seus teléfonos móbiles para facer esta mesma comprobación de datos.  

 

Noticias web

02/03/2021