CRTVG

Buscar

O Sergas permitirá que un familiar ou achegado se despida dos pacientes en fase terminal

Publicado o 08/04/2020 15:49
O Sergas permitirá que un familiar ou achegado se despida dos pacientes en fase terminal

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) permitirá que un familiar ou achegado visite un paciente en fase terminal que se atope en planta ou na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) dos hospitais galegos.  

A medida, aprobada este mércores polo Consello da Xunta, busca "humanizar un pouco, non todo o que se debería, pero si o que se pode" as situacións de pacientes que se atopan nos compases finais da súa vida e que, polas medidas para evitar contagios nos centros hospitalarios, non poden recibir visitas.  

Deste xeito, unha persona poderá, equipado con material de protección e acolléndose a un "protocolo estrito", visitar en planta ou na UCI a un familiar ou achegado que se atope en fase terminal, segundo avanzou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello.