O Sergas notifica o pasamento de 4 persoas diagnosticadas con covid, unha delas unha muller de 30 anos
Publicado o 20/08/2021 19:55

O Sergas vén de notificar o falecemento de catro persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Polo tanto, o total de vítimas ascende a 2.536 desde o comezo da pandemia en Galicia.
Os decesos son os dun home de 87 anos no HULA, dúas mulleres de 75 e 86 anos no CHUVI e unha muller de 30 anos no CHUO.
Segundo informa Saúde Pública, todas elas presentaban patoloxías previas.