O Sergas notifica a morte dunha muller de 96 anos, tras cinco días sen vítimas
Publicado o 17/06/2021 16:36

O Sergas acaba de notificar o falecemento dunha muller de 96 anos que fora diagnosticada con coronavirus. A muller morría nun hospital da Coruña e, segundo indica Sanidade, sufría patoloxías previas.
Así, o número total de vítimas mortais por mor do virus elévase a 2.431 en Galicia, tras cinco días en que non se rexistrara ningún deceso.