CRTVG

Buscar

O Sergas notifica o falecemento de seis persoas diagnosticadas con covid−19

Publicado o 06/09/2021 20:09
O Sergas notifica o falecemento de seis persoas diagnosticadas con covid−19

O Sergas notificou o falecemento de seis persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, o número de vítimas elévase a 2.590 desde o comezo da pandemia en Galicia.

O pasado día 3 perdía a vida unha muller de 83 anos no Hospital de Fátima (Vigo). O sábado 4 faleceu un home de 86 anos no CHUF. Na xornada de hoxe rexistráronse os decesos dunha muller de 96 anos no Hospital Virxe da Xunqueira, dous homes de 77 e 92 anos no CHUAC e un varón de 91 anos no CHUO.

Segundo informa Sanidade, todas elas padecían patoloxías previas. 

Noticias web

06/09/2021