CRTVG

Buscar

O Sergas notifica o falecemento de dous homes de 86 e 88 anos por coronavirus

Publicado o 29/07/2021 19:48
O Sergas notifica o falecemento de dous homes de 86 e 88 anos por coronavirus

O Sergas acaba de notificar o falecemento de dous homes que foran diagnosticados con coronavirus. Deste xeito, o número de vítimas ascende a 2.457 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dun home de 88 anos no hospital Virxe da Xunqueira de Cee e un varón de 86 anos que faleceu no seu domicilio da área sanitaria da Coruña-Cee. Segundo informou Saúde Pública, ambos padecían patoloxías previas.

Noticias web

29/07/2021