Falecen catro persoas por mor da covid−19, 2.367 dende o comezo da pandemia
Publicado o 09/04/2021 08:20

A Consellería de Sanidade acaba de notificar o falecemento de catro persoas que foran diagnosticadas con coronavirus.
Eran unha muller de 50 anos que estaba ingresada no Chuvi, e no Chuac un home de 59 anos, outro de 81 e unha muller de 62 anos.
Segundo manifestaron fontes da Consellería de Sanidade, todos eles tiñan patoloxías previas.
Tendo en conta estes datos, a cifra total de decesos elévase a 2.367 desde o comezo da pandemia en Galicia.