CRTVG

Buscar

O Sergas notifica dous falecementos por mor da covid−19

Publicado o 14/10/2021 20:54
O Sergas notifica dous falecementos por mor da covid−19

O Sergas notificou este xoves o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. 

Os finados son unha muller de 72 anos no CHUS e un home de 68 anos no HULA. Ambos faleceron onte e tamén ambos padecían patoloxías previas.

Con eles, a cifra de vítimas por mor da covid−19 ascende a 2.645 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Noticias web

14/10/2021