O Sergas notifica dous falecidos pola covi-19, 2.390 desde o inicio da pandemia
Publicado o 30/04/2021 20:30

O Servizo Galego de Saúde vén de notificar o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con elas, son xa 2.390 as persoas falecidas por esta enfermidade desde o comezo da pandemia en Galicia.
Os decesos son, na xornada de onte, o dunha muller de 76 anos no CHUAC e, nas últimas 24 horas, o dun home de 93 anos no CHUVI.
Segundo informa Saúde Pública, ambos presentaban patoloxías previas.