CRTVG

Buscar

Sanidade notifica dous decesos por covid, 2.628 desde o comezo da pandemia

Publicado o 24/09/2021 20:00
Sanidade notifica dous decesos por covid, 2.628 desde o comezo da pandemia

O Sergas notificou este venres o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con estes datos, o número de vítimas ascende a 2.628 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dun home de 92 anos na xornada de onte, que perdía a vida no Hospital de Monforte (procedía da Residencia DOMUSVI da mesma vila) e un home de 93 anos que faleceu hoxe no mesmo hospital.

Segundo informa Sanidade, ambos presentaban patoloxías previas.

Noticias web

24/09/2021

Máis sobre Monforte de Lemos