Galicia suma 16 mortes por covid−19 e anda xa polos 15.000 casos activos

O Servizo Galego de Saúde notificou 16 novos falecementos por coronavirus na xornada de hoxe na nosa comunidade autónoma. A cifra total de mortes pola covid−19 desde o inicio da pandemia ascende a 1.566 en Galicia.
Os decesos de hoxe son os dun home de 88 anos e unha muller de 89 anos no CHUO, un home de 90 anos e dúas mulleres de 84 e 85 anos no CHUS, un varón de 80 anos e unha muller de 81 anos no CHOP, dous homes de 77 e 83 anos no CHUVI, unha muller de 84 anos e un varón de 56 anos en POVISA, unha muller de 96 anos no CHUVI —procedente da residencia Paz y Bien de Tui—, un home de 95 anos no HULA —procedente da residencia da Pastoriza—, unha muller de 80 anos na residencia Santa María de Verín, unha muller de 91 anos na residencia DomusVi de Vimianzo e unha muller de 87 anos na residencia Santa María de Verín.
Segundo informa Sanidade, todas elas presentaban patoloxías previas.