CRTVG

Buscar

O Sergas non acepta a dimisión dos xefes da área de Vigo

Publicado o 06/01/2019 13:26

O Servizo Galego de Saúde decidiu non aceptar ningunha das dimisións dos xefes de servizo dos centros de saúde de Vigo e da súa área. O xerente, Félix Rubial, fixo ese rexeitamento a través dun correo oficial.

Os xefes de servizo presentaron hai unhas semanas a súa dimisión en bloque pola sobrecarga asistencial que din se está vivindo nos centros de saúde.

O Sergas dilles que non poden aceptar as dimisións sen intentar de novo un chamamento á participación nas mesas de diálogo propostas pola Consellería para afrontar a reforma da atención primaria. O martes 8 xa hai unha reunión do Sergas con profesionais de atención primaria para avanzar na redefinición do modelo.

Noticias web

06/01/2019