CRTVG

Buscar

O Sergas nega que houbese un colapso nas urxencias do CHUS

Publicado o 03/01/2019 21:05

Despois de que En Marea falase de colapso nas urxencias do Hospital Clínico de Santiago, a xerencia da área sanitaria asegura que o servizo de urxencias está a ofrecer unha asistencia sanitaria axeitada.

Recoñecen que onte pola tarde, cando se tomaron estas fotografías, deuse unha circunstancia inusual, xa que nun período de 2 horas entraron 80 enfermos. Foi xusto no cambio de quenda, o que provocou que se ralentizase a atención na zona onde os doentes reciben a valoración diagnóstica e inician o tratamento.

Con todo, din que non houbo enfermos graves esperando a ser atendidos, que había camas dispoñibles e reforzo de persoal de enfermería.


 

Noticias web

03/01/2019