CRTVG

Buscar

O Sergas investirá preto de medio millón de euros para reformar 27 centros de saúde

Publicado o 17/06/2019 15:17

O Sergas vai investir preto de medio millón de euros en reformar 27 centros de saúde. As actuacións realizaranse con cargo ao superávit do Goberno galego para reforzar o gasto en Sanidade. O novo Plan Galego de Atención Primaria recolle entre os seus obxectivos o mantemento adecuado das infraestruturas sanitarias do primeiro nivel asistencial.

O Servizo Galego de Saúde conta con unidades móbiles para realizar resonancias magnéticas que benefician, sobre todo, os galegos que viven máis afastados dos grandes centros hospitalarios. 

Segundo unha estimación feita pola Consellería de Sanidade, estas unidades móbiles evitaron dende o seu inicio, no 2006, arredor de 20 millóns de quilómetros de desprazamentos aos usuarios que tiveron que facer esta proba diagnóstica.

Galicia conta con 3 unidades coma esta para dar servizo sobre todo aos 7 hospitais comarcais (Salnés, O Barbanza, Cee, Burela, Monforte, Verín e O Barco de Valdeorras), aínda que tamén de maneira puntual pode cubrir a demanda de calquera outro hospital cando por un pico de demanda ou por calquera outra incidencia se necesitase.

A tecnoloxía é a mesma que a das resonancias fixas, son equipos de resonancia de alto campo.
Dende que comezaron a funcionar, cada ano fanse máis probas, lévanse realizado máis de 160.000 a un total de 132.000 pacientes e agardan que este 2019 se fagan 19.200.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019