CRTVG

Buscar

O Sergas informa do falecemento de dúas mulleres e un home por causa da covid−19

Publicado o 02/09/2021 20:20
O Sergas informa do falecemento de dúas mulleres e un home por causa da covid−19

O Sergas acaba de notificar o falecemento de tres persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, a cifra de vítimas mortais elévase a 2.577 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dunha muller de 68 anos no CHUAC, unha segunda muller de 90 anos no CHUVI e un home de 84 anos no Hospital Povisa.

Segundo informa Sanidade, todas elas padecían patoloxías previas.

Noticias web

02/09/2021