CRTVG

Buscar

O Sergas informa de tres falecementos relacionados coa covid−19, 2.595 desde o comezo da pandemia

Publicado o 08/09/2021 20:14
O Sergas informa de tres falecementos relacionados coa covid−19, 2.595 desde o comezo da pandemia

O Sergas notificou este mércores o falecemento de tres persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, a cifra de vítimas elévase a 2.595 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dun home de 68 anos no CHUS, unha muller de 70 anos no CHUAC e un home de 89 no mesmo hospital.

Segundo informa Sanidade, todas elas padecían patoloxías previas.

Noticias web

08/09/2021