CRTVG

Buscar

O Sergas informa de dous falecementos relacionados coa covid, 2.579 desde o comezo da pandemia

Publicado o 03/09/2021 22:02
O Sergas informa de dous falecementos relacionados coa covid, 2.579 desde o comezo da pandemia

O Sergas vén de notificar o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con elas, a cifra total de vítimas ascende a 2.579 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos ocorreron onte e son os dunha muller de 89 anos no Hospital de Monforte e un home de 87 anos no CHUS.

Segundo informa Sanidade, ambos presentaban patoloxías previas.

Noticias web

03/09/2021