CRTVG

Buscar

O Sergas incorpora a vacina do rotavirus para os bebés prematuros, uns 800 cada ano

Publicado o 18/11/2019 15:02

A gastroenterite causada por este virus é moi frecuente na idade infantil e unha das principais causas de ingreso no hospital. Diarrea, vómitos e mesmo deshidratación son os principais síntomas dunha infección que en nenos prematuros incrementa o risco de complicacións.

A semana pasada, o Goberno central e comunidades autónomas acordaron recomendar a administración da vacina aos nenos prematuros nacidos entre a semana 27 e a 32 de xestación. Desde o Complexo Hospitalario de Santiago, o xefe de Pediatría, Federico Martinón, valora positivamente a medida: "Supón un paso adiante, neste caso orientado cara un grupo moi vulnerable como son os prematuros; aínda así debemos seguir traballando para que a vacina chegue a todos os rapaces".

En Galicia, vacinarán aproximadamente o 4% dos neonatos, uns 800 bebés cada ano, segundo os datos dos hospitais do Sergas. Hai dúas vacinas comercializadas contra o rotavirus que levan no mercado máis dunha década con bos resultados. É unha vacina segura, que se administra vía oral en dúas doses", explica Martinón.

As dúas doses necesarias para a protección contra o rotavirus teñen un prezo de arredor de 200 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019