CRTVG

Buscar

O Sergas flexibiliza os horarios de visitas nas UCI

Publicado o 10/02/2020 15:13

Entender o familiar como parte do coidado do paciente. Desta idea partiu a ampliación de horarios na UCI do hospital álvaro Cunqueiro. Os beneficios xa están demostrados, reduce a ansiedade do paciente e o estrés dos familiares.

A flexibilización das visitas veu acompañada doutras melloras na Unidade de Coidados Intensivos.

O hospital vigués foi pioneiro nesta iniciativa que xa se implantou noutros centros hospitalarios galegos.

Noticias web

10/02/2020