CRTVG

Buscar

Ir de compras e facer unha PCR: o Sergas estrea cribados en recintos comerciais

Publicado o 21/05/2021 14:46

O Sergas estrea hoxe a experiencia de levar os cribados aos grandes recintos comerciais. Os primeiros son os centros comerciais Travesía e Gran Vía de Vigo, e a participación é alta.

É unha iniciativa do Sergas que comezou coa experiencia piloto dos mercados de Vigo hai quince días e que pretende achegar as probas diagnósticas a uns cidadáns que, fastiados pola lonxitude da pandemia, estaban a acudir menos aos cribados do covid-auto.

A detección de casos segue sendo imprescindible para que o proceso de vacinación poida concluír sen reveses. Toni Rodríguez. responsable dos cribados na área de Vigo: "Detectamos que a xente se relaxou e acode menos, entón se Mahoma non vai á montaña, pois achegámonos nós".

Noticias web

21/05/2021