CRTVG

Buscar

O Sergas estende aos 14 distritos sanitarios os puntos de test de antíxenos

Publicado o 29/07/2021 15:18

Ante o éxito da iniciativa posta en marcha a pasada fin de semana nas sete cidades galegas e en Ribeira cos puntos de tests de antíxenos que realizaron nun só día 3.450 tests, o Goberno galego anunciou que vai poñer en marcha nos 14 distritos sanitarios puntos para realizar estas probas e outros trámites administrativos.

Os puntos estarán situados nos centros das 7 cidades e 7 vilas con hospital comarcal e atenderán todos os días nas cidades de Coruña, Vigo e Santiago, varios días a semana no resto e os sábados no caso das vilas.

O presidente lembrou que estas probas e os certificados de vacinación permiten acceder ao interior dos locais de hostalería en 60 concellos galegos que se atopan en nivel máximo e alto, evitando o peche destes locais en concellos que concentran o 64,8 % da poboación galega.

Noticias web

29/07/2021