CRTVG

Buscar

O Sergas di estar preparado para outra vacinación masiva se é precisa a terceira dose

Publicado o 05/10/2021 15:12

Onte a Axencia Europea do Medicamento abría a porta a unha terceira dose da vacina contra a covid. Agora a decisión de subministrala  queda en mans dos organismos de saúde pública de cada país. Este martes reúnese a comisión de saúde pública, pero en principio ese asunto non está na orde do día.

Os expertos non ven necesario inocular esa terceira dose de forma xeral. Si manteñen que se poderían analizar algúns casos particulares como traballadores sanitarios, os das residencias ou os maiores de sesenta anos.

Galicia agarda a decisión que se adopte no Consello Interterritorial de Saúde. En caquera caso, o conselleiro Julio García Comesaña asegura que estarían preparados para afrontar outra vacinación masiva.

De momento, a recomendación da EMA está aí. Agora toca agardar o que deciden as autoridades sanitarias de cada país.

Noticias web

05/10/2021