CRTVG

Buscar

O Sergas cualifica de "excepcional" a resposta da poboación na campaña de vacinación contra a gripe

Publicado o 28/10/2020 15:08

O chamamento a vacinarse contra a gripe está a obter unha resposta maior da esperada. Entre o persoal sanitario xa se puxeron 25.000 vacinas.

Segundo o Sergas, a resposta dos maiores de 65 anos está a ser excepcional. Xa foi inoculada a máis do 36 por cento deste grupo de poboación, que ademais recibe unha vacina específica pensada para reforzar o seu sistema inmunitario.

Amplíase a cobertura para evitar que coincidan contaxios de gripe e de covid-19, xa que ambos virus teñen síntomas similares.

Ante o notable aumento das vacinacións, a campaña vaise realizar de xeito gradual para atender todas as persoas que a soliciten. A poboación diana prioritaria son os maiores de 65 anos. A campaña remata o 31 de decembro.



 

Noticias web

28/10/2020

Máis sobre actualidade