O Sergas creará unha nova categoría de médicos de familia para centros de saúde e PAC
Publicado o 20/10/2021 08:03

Dentro da reforma da Atención Primaria que está a acometer o Sergas, crearase unha nova categoría de médicos de familia para centros de saúde e para os PAC. Formarán parte do cadro estrutural, e crearanse novas prazas. Preténdese paliar o déficit de facultativos para os próximos anos. Tamén se prevé crear a figura do técnico de saúde, para titulados en Medicina sen o MIR, e o de dietista-nutricionista; estes profesionais incorporaranse non só aos hospitais senón tamén á Atención Primaria. O presuposto de Sanidade destinado a persoal sobe un 6,4 por cento e créanse 1.388 prazas, a maioría destinadas á estabilización do emprego temporal.