CRTVG

Buscar

O Sergas convoca o comité de folga da Atención Primaria

Publicado o 02/04/2019 20:53

O Servizo Galego de Saúde chama o comité de folga da Atención Primaria a unha reunión para este venres para escoitar as súas reivindicacións.

A Coordinadora Galega da Atención Primaria, convocante da mobilización, cualifica como "moi boa noticia" a chamada do Sergas e sinala que "a negociación está en marcha".

Antes do encontro do venres, o Servizo Galego de Saúde convocou para o xoves o comité de folga co obxectivo de fixar os servizos mínimos. Se non se desconvoca, a mobilización sería entre o 9 e o 12 de abril.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/04/2019