CRTVG

Buscar

O Sergas conta con equipos de seguimento para as persoas con coronavirus que non precisan o ingreso hospitalario

Publicado o 05/04/2020 17:52

A aqueles casos que non precisan o ingreso hospitalario, o Servizo Galego de Saúde failles un seguimento (a través do teléfono ou da aplicación Telea).

A plataforma de telemonitorización en domicilio, que xa existía desde hai uns anos en certas áreas sanitarias, orientouse para poder axudar os infectados de coronavirus en dous niveis: un, na atención primaria, para as persoas que deran positivo, e outro para os que recibiron a alta e precisan un control regular.

Os profesionais sanitarios aseguran que esta ferramenta lles proporciona seguridade aos doentes. Os pacientes teñen que tomar a temperatura e o nivel de saturación de osíxeno unhas tres veces ao día; se algún dos valores non é o adecuado o equipo de enfermería dá aviso aos profesionais médicos.

Noticias web

05/04/2020