CRTVG

Buscar

A familia do falecido no PAC da Estrada levará o caso ante a xustiza

Publicado o 07/08/2018 14:46

Os familiares do home enfermo de párkinson que faleu o sábado no PAC da Estrada anuncian que emprenderán accións legais para que se depuren responsabilidades. Tras o suceso a plataforma PACs en pé de guerra pediu que se revisen os plans funcionais deses centros sanitarios porque din que no verán se traballa con recursos mínimos.

A plataforma asegura que a situación se resolvería cubrindo todas as xubilacións e convocando ofertas de emprego público. Desde a Dirección de procesos asistenciais do CHUS de Santiago defenden que a asistencia está cuberta, aínda que recoñecen problemas no verán para cubrir baixas imprevistas. Din que faltan suplentes nas listas de contratación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2018