CRTVG

Buscar

O Sergas comezará a vacinar as persoas maiores de 80 anos pola letra H

Publicado o 16/02/2021 10:32

En Galicia, a vacinación das persoas maiores de 80 anos comeza este luns nos centros de saúde das cabeceiras de comarca. A convocatoria será telefónica por orde alfabética comezando pola letra H, determinada por sorteo. 

Segundo as previsións da Xunta, o proceso de inmunización nestre treito de idade non se completará ata a primeira semana de maio. O prazo podería adiantarse a abril en caso de que se aprobe a nova vacina de Janssen ou se incremente a produción de Pfizer e AstraZeneca. 

En caso de non poderen acudir ao centro na cabeceira de comarca, o Sergas ofrecerá a posibilidade de inxectarse no centro de saúde máis próximo ou, incluso, no domicilio particular.