O Sergas cita o comité de folga dos PAC
Publicado o 23/04/2019 15:49
O Sergas citou hoxe o comité de folga dos puntos de atención continuada. Vai presentarlles unha proposta de mellora sobre a última oferta negociada cos representantes dos traballadores. Nesta nova proposta recolle un aumento retributivo no traballo de noites, festivos e domingos dun cincuenta por cento en 2020 e doutro cincuenta por cento en 2021. O Sergas cifra a suba en 600 euros anuais de media por noites e 1.400 por festivos e domingos.