CRTVG

Buscar

Citan 6.000 persoas no Porriño para unha PCR despois dun gromo nunha empresa

Publicado o 25/04/2021 14:34

Hai citadas desde hai dous días 6.000 persoas para faceren unha proba PCR. Este cribado foi programado polo Sergas a semana pasada despois de detectarse un gromo nun centro de procesado e conservación de carne de porco no Porriño. A preocupación veu por causa de que nesa empresa hai máis de 700 traballadores, aínda que moitos deles non residen no concello.

Globalmente, a área sanitaria de Vigo ten 294 casos por cen mil habitantes. O Porriño ten unha incidencia acumulada por debaixo dos 50 casos aos catorce días. É un dos concellos da área con mellor situación epidemiolóxica e por tanto con menos restricións.

Ata as dez da noite, o pavillón deportivo municipal acolle este cribado no Porriño.

Noticias web

25/04/2021