CRTVG

Buscar

"Fai falta a vacina, e tamén un pouco máis de cabeza"

Publicado o 11/05/2021 14:31

Ringleiras en Expocoruña nunha nova xornada de vacinación con 6.606 veciños citados só aquí. Este martes tócalles aos que teñen entre 50 e 59 anos de idade.

"Comezamos a vacinar hoxe a esta franxa alternando coas segundas doses de 70 a 79 anos", explica Pedro Seco, coordinador de vacinación masiva da área sanitaria Coruña-Cee

Algúns veñen con nervios, pero ninguén dubidou en acudir á cita. Este martes só inocularán en todos os puntos de vacinación doses Pfizer e quen xa a puxo... anima todos a facer o propio.

Amais hoxe tamén comezaron a ofrecerlles aos usuarios a posibilidade de recibir o certificado de vacinación nos seus teléfonos móbiles. "A través dun sistema que se chama Chave 365", explica Pedro Seco.

En total, este martes están citados arredor de 35.000 galegos menores de 60 anos. Xusto o día no que imos chegar ao millón e medio de persoas vacinadas alomenos cunha dose. Máis de 456.000 cidadáns xa teñen a pauta completa tras administrar case o 97 por cento das doses recibidas.

Noticias web

11/05/2021