CRTVG

Buscar

O Sergas só chamará de novo a quen non se vacinou por un erro na citación

Publicado o 19/03/2021 18:56

O conselleiro de Sanidade asegurou que a vacina que rexeitaron se lles ofrecerá a outras persoas. Pero se cambian de opinión non quedaran sen vacinar, ainda que se lles administrarán máis adiante. Julio García Comesaña non descartou que tras a revisión que están facendo os expertos se decida non poñerlle a de AstraZeneca a persoas con determinados factores de risco. Mentres se aclaran todos estos aspectos continúa a vacinacion con outras marcas dos maiores de 80 anos, incluso en días festivos como hoxe.

O próximo mércores recupérase a vacinación con AstraZeneca. A campaña estaba centrada ata agora nas persoas de entre 50 e 55 anos e determinados colectivos como profesores ou policías. Pero podería haber cambios na faixa de idade. E nunha entrevista a unha axencia de prensa o conselleiro de Sanidade non descarta algunha outra revisión por razóns de seguridade Probablemente o que teñamos e algún factor de risco asociado a estos efectos que de xeito preventivo faga excluír a estas persoas con estes factores de risco da vacinación con esta vacina", asegurou García Comesaña. 

O que xa está previsto é que facer cos que rexeitaron a vacina de AstraZeneca. "Ofreceraselle a outras persoas a vacinación. Se alguén di que non quere poñer esta temos que seguir adiante. En todo caso se este cidadán cambia de opinión estará aberto un proceso para poder incorporarse", explicou.

Din os expertos que a suspensión que houbo con AstraZeneca debe servir para aumentar a confianza no sistema de vacinación porque está claro que as garantías funcionan."Que hai unha transparencia, unha comunicación rápida entre os países e ningún outro afán que non sexa velar pola seguridade dos cidadáns", salienta Federico Martinon. Xefe de Pediatría do CHUS e asesor de vacinas da OMS.

No SERGAS reunense esta fin de semana para reorganizar a vacinación con AstraZeneca. Pero continua sen atrancos o resto da campaña con outras marcas para os maiores de 80 anos."Xa me puxeran a primeira e hoxe é a segunda", explica unha muller. "Os que vacinan traballan ata domingos e festivos", explica outra.

 

 

Noticias web

19/03/2021