CRTVG

Buscar

O Sergas chama 11.000 persoas para participar en cribados esta fin semana

Publicado o 23/04/2021 18:36
O Sergas chama 11.000 persoas para participar en cribados esta fin semana

O Sergas chamou 10.725 persoas a participar esta fin de semana en cribados para tratar de identificar novos casos asintomáticos entre a poboación, dentro das medidas para facer fronte á expansión do coronavirus na comunidade galega.

O maior dos cribados terá lugar na área sanitaria de Vigo, onde a Dirección de Saúde Pública da Xunta convocará o domingo no municipio do Porriño 7.000 persoas de idades a partir dos 16 anos para efectuar esas probas diagnósticas.

Na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, están citadas mañá sábado 900 persoas en Cartelle, 600 en Lobios, 400 en Muíños e 150 en Lobeira, todos con idades comprendidas entre 18 e 75 anos.

Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés están convocadas probas PCR o domingo no concello de Cambados 1.445 persoas de 20 a 29 anos.

Na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, concretamente no municipio de Lugo, están chamadas o sábado e o domingo un total de 230 persoas de 60 a 80 anos.

Así mesmo, continúan outros cribados que comezaron xa hai días, como o da cidade da Coruña con 4.250 persoas convocadas e en Vigo outras 8.000 persoas.