CRTVG

Buscar

O Sergas busca achegar os cribados aos cidadáns tras ver como cae a participación nestas probas

Publicado o 08/06/2021 16:00

A mensaxe dos expertos é clara: segue habendo asintomáticos e seguen sendo precisos os cribados para detectalos. De feito, alertan de situacións como a que se viviu no último cribado masivo de Vigo. De cada dez chamados, nove non apareceron para facer a proba.

Das case 7.000 persoas convocadas a participar no último cribado masivo e voluntario, só 605 acudiron á cita. Unha participación que non chega nin ao nove por cento. Detrás desta cifra tan baixa está a relaxación da cidadanía, por iso o Sergas modificou a súa estratexia e está a achegar estas probas a lugares frecuentados de xeito habitual polos cidadáns.

Moitas persoas xa participaron en cribados de balde e voluntarios nos mercados, en centros comerciais mentres facían compras ou en lugares próximos aos seus centros de traballo.

A situación mellorou, pero é importante non relaxar as medidas. A pesar da baixa participación, no último cribado de Vigo o trinta e cinco por cento das PCR realizadas foron positivas.

Noticias web

08/06/2021