CRTVG

Buscar

O Sergas anuncia a maior oferta da súa historia de especialistas en atención primaria

Publicado o 29/06/2019 19:19
O Sergas anuncia a maior oferta da súa historia de especialistas en atención primaria

O Sergas vai formar o maior número de profesionais especialistas en atención primaria da súa historia, concretamente vai ofertar 163 prazas para a formación de profesionais especialistas deste campo.

Anunciouno o conselleiro de Sanidade, que aclarou que van ser 129 as prazas para médicos de familia, un 23% máis que en 2018. No que respecta a pediatría, unha das especialidades con máis problemas, pretende convocar 27 postos, o que supón un incremento do 35%. No apartado de enfermaría familiar serían 34, case un 62% máis. O obxectivo, segundo Vázquez Almuíña, é dar un paso máis na procura de solucións ante a falta de persoal facultativo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/06/2019