CRTVG

Buscar

Amplíanse os puntos de test de antíxenos e certificados covid a 14 localidades

Publicado o 31/07/2021 14:41
Amplíanse os puntos de test de antíxenos e certificados covid a 14 localidades

Comezaron facéndose nas sete cidades galegas a fin de semana pasada. Desde hoxe, o SERGAS amplía a outras sete localidades os puntos para facer test de antíxenos. Poden facelos as persoas que non pasaran a COVID, que non estean complemetamente vacinadas ou que non sexan contacto dun caso activo.

"Sempre é importante, ademais de para entrar nos bares, que está moi ben, senón para estra tranquilo sabendo que non vas contaxiar a ninguén. Ao final é o que estamos buscando, reducir a incidencia e evitar contaxios porque agora mesmo hai moita xente asintomática", explica Paula Boga, coordinadora do punto de antíxenos en Santiago

Os puntos para facer as probas de antíxenos amplíanse a Vilagarcía, Cee, Ribeira, Monforte, Verín, O Barco e Burela. Ademais do certificado co resultado da proba, habilitáronse puntos nestas localidades para conseguir outros documentos relacionados coa COVID

"É un punto administrativo onde a xente vacinada pode obter o certificado de vacinación e facer outros trámites como a chave 365 ou darse de alta, unha alta rçapida, no Servizo galego de saúde", explica Miriam Vázquez, Coordinadora do punto de antíxenos en Ourense
Os certificados relacionados coa COVID tamén se poden coseguir en puntos habilitados polo Sergas nestoutras sete localidades, que estarán abertos de luns a sábado.


 

Noticias web

31/07/2021