CRTVG

Buscar

O Sergas advirte de que o pico da gripe aínda está por chegar

Publicado o 27/01/2020 09:55

Cambiou o tempo. Cómpre tomar precaucións porque o Sergas advirte de que o pico da gripe está aínda por chegar. O certo é que nos últimos días xa se está detectando un incremento dos casos. De momento, xa son dez as persoas falecidas.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, nove deles precisaban a vacina, pero sete deles non a puxeran. O número de ingresos rexistrados con gripe confirmada desde que comezou a campaña achégase ao medio milleiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2020