CRTVG

Buscar

O Seprona investiga a orixe dunha vertedura moi contaminantes en Rairiz de Veiga

Publicado o 28/06/2019 14:05

Máis de 150 cartuchos de tinta de impresora, moi contaminantes, apareceron ciscados nesta pista forestal no concello ourensán de Rairiz de Veiga, que pertence á Reserva da Biosfera. Axentes do Servizo de Protección da Natureza estiveron no lugar recollendo mostras para a investigación que teñen aberta para coñecer a orixe os responsables destes residuos.

Un veciño descubriu por casualidade a vertedura nesta pista pouco transitada e o concelleiro da Agrupación de Electores de Rairiz de Veiga puxo a denuncia perante o Seprona. E esta mañá xa autorizaron ao Concello para retirar os residuos, que foron trasladados ao punto limpo de Xinzo de Limia para o seu correcto tratamento.

Canda os cartuchos e restos de impresoras apareceron varios papeis co selo antigo do Complexo Hospitalario de Ourense. Dende o CHUO negan toda responsabilidade na vertedura, din que a súa xestión de residuos é impecable e que cumpre coa normativa vixente. A investigación esclarecerá se puido ser algunha empresa a que incumpriu o tratamento destas verteduras, moi prexudiciais para o medio ambiente.

Noticias web

28/06/2019