CRTVG

Buscar

O Seprona investiga se un vídeo de maltrato animal foi gravado na Mariña

Publicado o 10/09/2021 19:46

O Seprona, o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, investiga este vídeo que lles chegou esta mesma tarde á comandancia de Lugo. Nel vemos como unha persoa leva atado ao coche un can a rastro. Segundo a denuncia, o vídeo gravouse esta semana nunha aldea da Mariña. Os axentes tratan agora de comprobar a súa veracidade e localizar o condutor por un posible delito de maltrato animal.
 

Noticias web

10/09/2021