CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O Seprona incauta nun rocho de Castelldefels un león disecado que puxeran a venda por 6.000 euros

Publicado o 16/08/2018 20:59
O Seprona incautouse nun rocho de Castelldefels dun león africano en perfecto estado de conservación. Por fortuna en perfecto estado... para estar disecado. O animal levaba teso pero en actitude de ataque desde que o cazou nos anos 90 en Namibia o sogro da actual propietaria. Iso é o que di ela, pero non ten documentos que acrediten que o cazaron legalmente. A muller intentou vender a peculiar herdanza por 6.000 euros a través de internet. Mentres a xustiza resolve o caso, o león será un reclamo máis do Museo de Ciencias Naturais de Barcelona.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

16/08/2018