CRTVG

Buscar

O Seprona comisa 200 plantas exóticas invasoras

Publicado o 18/06/2019 14:14

A Garda Civil interveu en Gondomar un depósito ilegal de plantas exóticas invasoras. O Seprona tivo coñecemento da venda por Internet de exemplares de xacintos e de leitugas de auga, plantas acuáticas ornamentais reguladas no catálogo español de especies exóticas invasoras, o que supón a prohibición xenérica da súa posesión, transporte, tráfico e comercio.

No estanque dun domicilio particular gondomareño, os axentes atoparon uns douscentos exemplares desta variedade, que quedaron no xardín a disposición da Administración. A inspección do Servizo de Protección da Natureza concluíu coa elaboración dun informe-denuncia destinado á Consellería de Medio Ambiente por unha suposta infracción da normativa que regula a tenza destes exemplares.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019