O SEPE non opera aínda con normalidade, pero si recupera a cita previa e a presolicitude de prestacións
Publicado o 16/03/2021 18:02

O sistema informático do Servizo Público Estatal de Emprego, SEPE, comeza a recuperar parte da súa actividade tras o ciberataque sufrido hai unha semana e que paralizou os trámites en liña. Entre os servizos xa recuperados están a presolicitude de prestación individual e a cita previa.
Mentres, os expertos informáticos do Centro Criptolóxico Nacional, os do propio SEPE e os da administración dixital nacional continúan a traballar para que o resto dos servizos en liña que presta o organismo se vaian solucionando paulatinamente