CRTVG

Buscar

'O Señor dos Aneis' busca figurantes feos para aforrar en maquillaxe

Publicado o 18/12/2019 11:18
'O Señor dos Aneis' busca figurantes feos para aforrar en maquillaxe

As axencias de actores de Nova Zelandia, onde se rodará a serie de 'O Señor dos Aneis', están buscando persoas de físicos "especiais" para facer de figurantes con papeis de orcos e trolls. O obxectivo é aforrar en maquillaxe.

Piden trazos físicos moi especiais: persoas que midan menos de metro e medio ou máis de dous metros, persoas con narices grandes, sen dentes, aspecto andróxino, con moito pelo, engurras, pel moi seca...

En fin, o mundo do audiovisual non está feito só para os guapos.